A placa e sensores e adaptadores


Conectores e conexións externas

A placa Me Auriga presenta os seguintes elementos:
Conexións e compoñentes da placa

Ademáis das conexións sinxelas como USB e Jack, aparecen 10 conectores RJ25, os 4 primeiros e en cor vermello son os reservados para actuadores, e decir, elementos de motores que realizarán unha acción.

O número 5 será un adaptador utilizado para comunicacións, no que poderemos engadir algún adaptador bluetooth extra.

Os outros 5 restantes, do 6 ao 10, permitirán conectar sensores a maiores, no caso do kit que envía a consellería serían o adaptador RJ25, o sensor de ultrasons e o segueliñas. As súas 4 cores indican que tipo de elementos se poden conectar:
  • Azul, e para conectar unha interface dixital dual.
  • Negro interface analóxica e dual
  • Branco un porto I2C
  • Amarelo interface dixital.

Outros sensores que veñen na placa

A placa Me Auriga ten integrados os seguintes sensores:
  • Sensores de luz, que miden a intensidade da Luz, hai un en cada lateral da placa permitindo que cada un capte un valor distinto, e polo tanto que se poidan realizar programas que fagan ao robot ir cara a luz ou ben escapar dela.
  • Sensor de son, permite captar sons e realizar medicións da intensidade do mesmo entre 0 e 1023.
  • Sensor Xiroscópico, permitindo detectar o movemento nalgún dos tres eixos.

  • Sensor de temperatura, este sensor indica a temperatura en grados centígrados.

Sensores externos que veñen no kit

O kit do mBot Ranger trae ademáis dous sensores externos á placa. Á hora de realizar a montaxe, estes sensores quedarán fixados á parte frontal da estrutura,
  • O sensor de ultrasons permitirá medir a distancia á que se atopan os obxectos, permitindo realizar medicións dende 3 a 400 cm.
    Sensor de ultrasons
  • O sensor segueliñas permitirá detectar a cor que está debaixo do robot, o seu funcionamento descríbeo a seguinte imaxe:
    Sensor segueliñas

Adaptador RJ25

Ademáis do kit do que estivemos a falar, a consellería envía un adaptador a maiores, coa intención de que poidamos adaptar a nosa placa Me Auriga, sensores que se utilizan en placas Arduino. No meu caso probei con sensores que temos dos robots BQ, funcionando á perfección. Aínda que non nos pararemos neste adaptador ata que nos doten dalgún elemento co que poidamos utilizala.



Podes ver con mais detalle a información dos sensores e da placa no manual de Susana Oubiña.



No hay comentarios:

Publicar un comentario