Neste novo bloque de contidos tentarei de realizar contidos seguindo un modelo máis baseado en control do robot dende o ordenador, e polo tanto libro de "divirtiéndome con mBot Ranger" de Susana Oubiña, polo que algúns dos exemplos serán directamente exemplos obtidos do libro.
Antes de comezar co tema, recoméndovos visitar os contidos explicados en "Os tres modos de configuración", para poder poñer o robot en modo laboratorio electrónico.
Modo Scratch
Por fin traballaremos no panel que se nos abre ao iniciar o programa, ese tan divertido co noso panda que sempre ocultabamos...
Mblock en modo Scratch |
Como vemos a pantalla ocúltanos ese "modo arduino" co código e amósasenos en cambio o escenario co elemento que realizará as accións que lle digamos.
Non vou entrar en explicar todas as posibilidades da programación con Scratch, xa que eso sería para outro curso, polo tanto limitarémonos a usar o panda e unha serie de accións que nos serán útiles á hora de traballar e de recibir información do robot.
De momento tan só nos quedaremos con dous botóns que nos permitirán finalizar un programa premendo na silueta hexagonal vermella, e, se está así programado, lanzalo premendo a bandeira verde.
Eventos
Un dos bloques que se activa será o de eventos, que básicamente servirá para agardar determinadas accións do usuario ao interactuar co ordenador.
Principais ordes do bloque de eventos |
Como vemos a maioría dos que aparecen son de inicio de programa (aparecen máis que os da imaxe) o que nos permitirá arrincar a acción do programa de distintos xeitos (un por cada inicio que poñamos) e incluso con distintas accións.
Por exemplo, imaxinemos que temos o seguinte programa para a placa Auriga:
Exemplo de programa que emite sons co robot autónomo. |
Neste caso o programa sería independente de calquera interacción do usuario co robot a través do PC, xa que ao arrincar o robot executaría 3 veces a nota G4 e posteriormente a E4
Se quixeramos que o robot realice esas accións cando facemos clic sobre a bandeira, a solución sería a seguinte:
Programa iniciado tras premer na bandeira |
Podemos en todo caso realizar varios inicios ao programa dependendo da acción que consideremos do usuario, por exemplo poderiamos facer o seguinte, permitindo que se inicien varios programas dependendo de se presionamos sobre a bandeira ou a tecla "espacio":
Exemplo de dous programas con distinta orde de inicio |
E con todo isto.. toca un reto:
Reto 8.1 |
Como.. que non funcionou?
En realidade seguramente esté a funcionar, o que pasa e que os motores non reciben a potencia necesaria directamente da placa, e por iso non se están a mover.
A solución pasa por deixar conectado o cable USB e a maiores conectar a batería ou as pilas á placa Auriga.
Unha vez que temos eso, prememos sobre o botón laranxa que hai ao lado do conector das pilas, na propia placa, podes ver na seguinte ligazón de compoñentes da placa, a imaxe onde lle chama ao botón "interruptor de alimentación".
Se temos eso conectado e agora prememos as flechas.. debería de funcionar correctamente.
Apariencia
Outro dos bloques de accións que nos poden interesar será o de apariencia, neste bloque temos moitas accións dispoñibles, pero tan só nos quedaremos coas de decir e pensar, que nos permitirán que o robot diga ou pense unha serie de contidos que lle indiquemos.Por exemplo, podemos facer que o noso oso nos diga a intensidade de luz que recolle a placa Auriga do seguinte xeito:
Código de exemplo de amosar o valor da luz recibida. |
A saída do programa será a través do panda, e neste caso amosaranos a luz recibida no sensor:
Imaxe de saída no Mblock do exemplo anterior |
No seguinte tema veremos exemplos de uso dos distintos sensores recibidos no kit do Mbot Ranger.
No hay comentarios:
Publicar un comentario