Instalación en contornos Windows
O contorno de desenvolvemento de programas para o robot Mbot pódese descargar dende a seguinte ligazónhttp://www.mblock.cc/download/
Premendo sobre Windows Download, descargarásenos o software de programa, neste caso váixase a versión 3.4.0
Unha vez descargado procedemos á instalación do software, neste caso o idioma do escollémolo en inglés, sobre todo debido a que non hai nin o galego nin o castelán.
O resto de pasos do proceso de instalación son sinxelos e pasan tan só pola aceptación da licenza de uso do programa,
de elexir o cartafol onde se instalará...
Elexir o nome do programa que aparecerá no menú de inicio.
De crear unha ligazón directa ao programa no escritorio...
Na seguinte pantalla aparece o resume das instruccións que indicamos ata o de agora no proceso de instalación, e posteriormente instálao.
Unha vez instalado aparécenos a opción de lanzar o mBlok para comezar a programar.
No meu caso, o Firewall de Windows avísame de que o programa quere ter acceso á internet, neste caso permítolle que acceda a ela.
Por último ábrese o mblock e se miramos no escritorio veremos que temos unha icona que permite o acceso directo ó programa.
Instalación en contornos GNU/Linux
No pendrive que acompaña aos robots, ven ademáis unha pequena guía para a instalación na maqueta Abalar, podes descargar dito manual nesta ligazón.
No pendrive que acompaña aos robots, ven ademáis unha pequena guía para a instalación na maqueta Abalar, podes descargar dito manual nesta ligazón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario