Montaxe do robot

Qué ven na caixa??

Na caixa de robots que nos envía a consellería veñen uns kits de mBot Ranger e ademáis unha caixa que contén un adaptador e un conector a maiores para cada robot, no caso do meu centro chegaron un total de 6 kits con 6 adaptadores RJ25 que permitirá conectar outros sensores que se utilizan en placas de Arduino.

Caixa do kit mBot Ranger

No interior da caixa atoparemos unha guía de montaxe, e unha pista impresa para usar coa opción "segueliñas". Ademáis atoparemos todas as pezas que poderemos utilizar para montar o robot, así como un desparafusador e unha chave fixa, co que non precisaremos ningunha ferramenta a maiores salvo 6 pilas tipo AA.
Compoñentes que hai dentro da caixa.

Ademáis do kit, ven unha caixiña a maiores que contén tantos cables e adaptadores RJ25 como robots teñamos, este adaptador permitiranos utilizar no futuro calquer sensor deseñado para placas Arduino.

Un robot, milleiros de formas.

Como deciamos na entrada anterior, o robot mBot Ranger pódese construir de múltiples xeitos, e máis ainda se se mercan novos compoñentes a maiores.

No noso caso e o obxectivo deste blogue, e o de estudar e comprobar as aplicacións do kit que manda a consellería na aula, polo que nos centraremos tan só nos elementos que este equipamento incorpora.

Para realizar a montaxe neste caso basearémonos na guía de montaxe que ven impresa no mesmo quit, ou ben na guía que realizou un compañeiro noso e que podes descargar dende aquí.

Recomendación

Nos pasos da montaxe pódese ver que o robot funciona mediante 6 pilas AA, tras diversas probas con un total de 12 pilas, compróbase que as consume moi moi rápido, polo que resulta indispensable ou ben traballar con pilas recargables, ou comprar unha batería para poder traballar cómodamente co robot (sobre todo cando se traballa con el como robot independente do pc).

Podedes mercar a batería na tenda oficial aquí.




No hay comentarios:

Publicar un comentario