O mBot Ranger
O mBot Ranger trátase dun robot educativo da empresa Makeblock, o traballo con este robot, ademáis de divertido, permitiranos desenvolver un pensamento computacional dun xeito moi atractivo e visual como pode ser un robot.
Este robot está baseado en hardware e software libre. Na parte hardware, utiliza como base controladora unha placa base baseada na Arduino Mega 2560, na que se lle engadiron diversas conexións, sensores e actuadores (leds, xiroscopio, zumbadores, sensores de luz..). E como parte software, prográmase en mBlock, unha evolución do entorno Scratch, que se trata dun entorno visual de programación en bloques, moi utilizado para a aprendizaxe de estruturas de programación.
O seu prezo (en torno a 190€ dependendo da versión), así como o seu entorno adaptable e robusto (as pezas son maioritariamente metálicas), fan que sexa un dos máis interesantes para poder utilizar na aula.
Un kit, varios robots
A nivel software, o mesmo robot que temos pode actuar de tres modos distintos: modo xoguete ou teledirixido, modo laboratorio electrónico ou modo autónomo programado. Debido á súa extensión e a súa importancia, veremos estas tres opcións e o seu xeito de configuralas na entrada de Os tres modos de configuración da placa.
Por outro lado, e falando da parte hardware do robot, unha gran ventaxa deste tipo de robots e a súa versatilidade xa que mercando novas pezas se poden construir tantas estruturas e utilidades coma un poida ser capaz de imaxinar e deseñar (podes ver algún manual de montaxe que nos ofrece a maiores a casa Makeblock, e ademáis no foro da mesma páxina, podes ver construcións feitas polos usuarios).
O mBot Ranger trae pezas para ser montado en tres modelos básicos (podes ver a entrada de "Montaxe" aquí):
Robot Tanque, e o formato co que realizaremos toda a fase de programación como robot.
Robot Tanque, Fonte www.makeblock.es |
Robot Balancín, facendo uso do seu xiroscopio, este robot será capaz de manter o equilibrio se se programa adecuadamente.
Robot Corredor, co engadido dunha roda tola, este robot poderá moverse dun xeito áxil polo chan.
Robot Corredor, Fonte www.makeblock.es |
Outros robots similares
Nos últimos anos no meu instituto temos traballado con robots como Mindstorms NXT, ou Lego Wedo, os dous da casa Lego que presentan robots tamén adaptables, aínda que menos robustos debido a que as súas pezas son en realidade pezas le Lego. Aínda que con moitas pezas, e bastantes sensores, o seu prezo e moi superior aos mBot.
Outros cos que traballamos son os PrintBot evolution, robots deseñados por BQ, coa característica de que tamén utilizan unha placa baseada en ARDUINO (e decir, open hardware) e un entorno de programación similar a Scratch, neste caso o bitbloq. Os eu prezo e similar ao mBot, aínda que a súa adaptabilidade resulta inferior.
No hay comentarios:
Publicar un comentario