Introdución
O obxectivo deste blog e o de amosar as miñas experiencias co mBot na aula (e anteriormente con outros robots). Un dos erros que teño cometido e comezar directamente co robot, sen ensinar un mínimo de contidos de pseudocódigo ou de fluxogramas, xa non porque o alumnado non vaia saber programar o robot nos primeiras prácticas, senón que en retos con máis dificultade, pode ser máis dificil de entender o funcionamento do robot.
O mBot pódese programar de xeito visual mediante a combinación de bloques que permitirán ao alumnado entender mellor os códigos que teñen que usar, pero dende o meu punto de vista fáltalle unha pequena base de coñecementos de fluxograma, que, acompañados cos bloques, poderán facer entender mellor os pasos que o propio programa ha de realizar.
|
Programación visual en bloques dende o mBlock |
Pseudocódigo
Os prográmas xéranse en base a unha linguaxe informática chamada código, dependendo da linguaxe de programación que se utilice, ese código escribirase de distinta maneira. O Pseudocódigo permitiranos realizar programación nunha "linguaxe" inventada e máis próxima ó noso xeito de comunicación, de ahí o seu nome de
pseudocódigo.
|
Código de exemplo xerado no mBlock |
|
Adaptación en parte a pseudocódigo do código anterior (realizado no PSeInt) |
Debido a que o entorno está en castelán, e polo tanto comprensible para o alumnado, non fai falta usar o pseudocódigo, aínda que o coñecemento da súa existencia non ocupará moito lugar e será de utilidade se se decide a programar o robot directamente dende código.
Fluxogramas
Un fluxograma é a representación gráfica dun programa, estes diagramas permitiranos organizar e clarexar as ideas sobre o programa que se nos plantexa. Ao contrario que o pseudocódigo, neste caso si están estipulados os símbolos que representan cada acción, e aínda que Un flujograma es una representación gráfica de un programa, se recomienda antes de iniciar la programación, realizar el diagrama de flujo para organizar y aclarar las ideas sobre el programa que vamos a realizar.
Na seguinte imaxe podemos ver os símbolos e os seus significados, polo de agora non profundizaremos máis nos fluxogramas, pero usarémolos xa no tema 1 e serannos xa de gran utilidade.
|
Parte dos símbolos que poden compoñer un fluxograma |
Ao longo do curso, utilizarei o editor de fluxogramas online e gratuito
draw.io
|
Programa de xeración de diagramas online draw.io |
No hay comentarios:
Publicar un comentario